O concello de Vilanova intentará facerse co Pazo de Vista Real

    gonzalo_vistareal copia.jpgVILANOVA> Os voceiros municipais do PP, PSOE e BNG acordan puxar nunha segunda volta pola propiedade embargada ós Charlíns no 2003.

    {flowplayer}images/salnes/GONZALO DURAN POR CHARLIN.flv{/flowplayer}

    O pasado mércores facíase público que gran parte dos bens do clan dos Charlíns sairán a subhasta o próximo mes de outubro. Entre as propiedades atópase o Pazo de Vista Real, en Vilanova. Ante a intención do concello da localidade por adquirilo debido ó seu valor patrimonial, esta mañá reuníronse os portavoces do PP, PSOE e BNG para acordar unha postura conxunta ó respecto. O prezo ascende ós dous millóns de euros polo que o concello esperará á segunda licitación para presentar a súa oferta.

    Polo tanto, o concello de Vilanova presentará a súa proposición se a subhasta inicial queda deserta. Ademais, acordaron solicitar a colaboración financeira á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia. O uso que se lle daría aínda está por determinar pero o alcalde de Vilanova garante que será un uso público. Os portavoces acordaron, ademais, facer un exhaustivo seguimento de todo o procedemento de subhasta deste ben.

    Redacción Salnés