Meira conquista a IX Bandeira Teresa Herrera

plantilla_deportestraias.jpgA CORUÑA> Sorprendente victoria onte, na segunda xornada da bandeira Teresa Herrera. Cabo de Cruz venceu contra todo prognóstico, nun Liga de Traíñas capitaneada por Meira e Amegrove. Os de Boiro fixeron unha regata sobresaínte.

{flowplayer}images/salnes/TRAINAS_CORUNA.flv{/flowplayer}

A ensenada de Orzán en A Coruña foi testemuña privilexiada da vitoria, no que vai de liga, dun equipo que non é Meira ou Amegrove. Os boirenses de Cabo Cruz sacaron garra e forza, e na última tanda, completaron unha regata excelente, pese a ter que remar pola calle cinco, a máis complicada dacordo coas condicións de vento. Con esta victoria os boirenses teñen a tiro a cuarta praza. Meira levouse a Bandeira Teresa Herrera, tras computar os puntos de onte cos da contrarreloxo do sábado. Amegrove finalizaba segundo.

A diferencia do sábado, tanto o vento como o mar deron un respiro ós participantes. Con marea baixa, as dificultades para remar foron menores. Na segunda tanda, Mecos e Vilaxoán protagonizaron un duelo. Trala contrarreloxo do sábado, ambas tripulacións solo estaban separadas por menos de medio segundo. Polo que os de Rogelio Tarrío partiron coa aspiración de superar ós de Beni Fábregas. Mecos no fallou e se impuxo na súa tanda por diante de Vilaxoán. En dita tanda de honor, Amegove partía coa intención de gañar para manter o liderato en solitario na Liga, e ademais, recortar os seis segundos de desvantaxe co Meira para levarse a Bandeira.

Pero o gran protagonista foi Cabo de Cruz. Os boirenses estaban practicamente nos mesmos tempos que os favoritos na primeira virada, a partir de entón incrementaron o ritmo, para avantaxar en catro segundos a Amegrove e en oito a Meira na segunda virada. Tralo terceiro longo, Cabo mantiña a súa vantaxe, mentres que Meira recordaba dous segundos ó Amegrove.

Samertolameu fixo un último longo excelente, que lle valeu para superar a Amegrove e levarse a bandeira, pero non foi suficiente para gañarlle a partida a Cabo. Na clasificación da liga, Meira e Amegrove continúan líderes con 173 puntos cada un, seguidos do Chapela, con 160.

        Regata da Concha

E tras a disputa das nove primeiras regatas da Liga Galega, xa se coñecen as tres traías que estarán na Clasificación da Concha. Segundo o criterio da Liga, a finais do mes de xullo, as tres primeiras clasificadas, son as que logran o billete á prestixiosa regata de la Concha. Polo que Amegrove, Meira e Chapela, gañaron o dereito a tomar parte na regata que terá lugar o próximo día 2 de setembro en Donosti.

Redacción Salnés