Os veciños de Sampaio temen quedar aislados polo corredor Martelo-Noia

queixasvecinossampaio.jpgNOIA> Denuncian as molestias que lles causan as obras de construción desta infraestrutura viaria. Detonacións continuas, pó e tránsito de vehículos pesados son unha constante dende hai meses.

Os residentes en Sampaio son conscientes que a construción deste vial é beneficioso para a vila de Noia, pero non entenden porque o trazado desta infraestrutura ten que pasan tan preto das súas vivendas. Temen que a aldea quede aislada polos remontes de terra que se están a levantar ó redor das súas casas.

{flowplayer}barbanza/queixassampaio.flv{/flowplayer}

Os traballos de construción do corredor tamén lles están a causar serios prexuicios. Dende primeira hora da mañá soportan un continuo ir e vir de camións pola aldea. Aseguran que os camiños son demasiado estreitos para estes vehículos tan pesados e temen que algún día haxa unha desgracia. A isto engádese as molestas detonacións das voaduras.

Instalación de sumidoiros

Por tal motivo, piden ter alomenos unha compensación. Solicitan a instalación da rede de auga potable e de sumidoiros para evitar asolagamentos por mor dos sedimentos durante a época de chuvias.

Malia que xa se manifestaron en varias ocasións e acudiron ó concello noiés para que atenda a súas peticións, de momento non recibiron respostas nin do goberno local nin da empresa adxudicataria das obras.

Redacción Barbanza