Pazos insiste en que a abstención foi un acto de congruencia

    bng_cuntis_copy100.jpgCUNTIS> O BNG actuou con responsabilidade e tendo sempre presentes ós veciños de Cuntis. Así arrincaba a voceira do grupo municipal dos nacionalistas  a súa primeira comparecencia pública trala saída do goberno municipal.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_CUNTIS.flv{/flowplayer}

    Arroupada polo voceiro parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, e a coordinadora executiva do partido, Teresa Táboas, Belén Pazos compareceu ante os medios para ofrecer as súas explicacións sobre a ruptura do pacto de goberno co PSOE de Cuntis. A nacionalista insiste en que os orzamentos do 2010 carecen dun informe totalmente favorable da Interventora municipal, argumento que onte desmentían dende o partido socialista.

    Pazos lembrou que no 2007 se recoñeceu unha débeda no concello de 120 euros por facturas pendentes de pago. De aí que na negociación dos orzamentos, os nacionalistas propuxeran buscar máis ingresos para a facenda municipal, incluír o abono dunha débeda de 80 mil euros contraída polo desaparecido Grupo Líder e realizar unha operación para pagar proxectos realizados, coma o centro de día e as pistas de atletismo. O PSOE presentou estas operacións coma compromisos adquiridos en exclusiva polo BNG e o principal punto de desencontro nas negociacións. O desencadeante en definitiva da crise de goberno.

    O PSOE de Cuntis reprochaba onte a Pazos que tomara a decisión de absterse na votación dos orzamentos sen terllo comunicado previamente. A nacionalista responde que o mesmo fixeron eles no debate sobre o centro de día.

    O sábado o BNG de Cuntis iniciará unha rolda de sesións informativas polas parroquias do municipio para explicar ós veciños as causas da ruptura do bipartito.

    Redacción Salnés