Un incendio forestal estivo a piques de afectar o polígono de Espiñeira

    incendio.jpgBOIRO> O lugar de Vilariño na parroquia de Cespón foi escenario dun lume a carón do polígono industrial de Espiñeira.

    {flowplayer}barbanza/incendiovilarino.flv{/flowplayer}

    A superficie calcinada desta volta non foi demasiado extensa, pero o lugar onde se rexistrou o incendio supoñía un perigo engadido, xa que as lapas se iniciaron a carón do recinto industrial de Espiñeira. 

    Na extinción do lume participaron ademáis seis brigadas de Medio Rural, catro motobombas, dous helicópteros, así como un posto de mando avanzado e un vehículo de coordinación. O numeroso operativo posto en marcha evitou que o lume chegase a entrar no polígono.

    Segundo datos aportados por Medio Rural ardeu preto dunha hectárea e media. O lume quedou totalmente extiguido o redor das tres da tarde.

    Redacción Barbanza