Medalla de ouro para a Confederación de Empresarios

    premios_copy100.jpgPONTEVEDRA> O escritor Xosé Neira Vilas ou o médico da selección española de fútbol foron outros dos galardoados nos Preimos Deputación 

    {flowplayer}images/salnes/PREMIOS_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    Unha inspiración e un exemplo a seguir. Así definiron as autoridades presentes no Salón de Plenos do Pazo Provincial ós premiados. Con estes galardóns, a institución provincial recoñece os méritos de persoas, empresas e agrupacións polos seus servizos a Pontevedra en diferentes eidos.

    A Confederación de empresarios da provincia recolleu a medalla de ouro da Deputación, a máxima distinción entregada onte. Con ela, recoñécese o labor da agrupación en prol das empresas no contexto de crise.

    Nos premios honoríficos, o escritor Xosé Neira Vilas foi recoñecido na categoría de Cultura e Artes. No ámbito deportivo recoñeceuse a Juan José García Cota, médico dos campións do mundo de fútbol, que compartiu o galardón co Coruxo Clube de Fútbol.

    No eido do labor social, o galardón foi para a Asociación Juan XXIII, polo seu traballo para a integración de persoas con discapacidades, mentres que a firma Pórtico foi premiada na categoría empresarial por expandir internacionalmente o comercio pontevedrés.

    En Turismo recoñeceuse o labor da aloitadora de Sabucedo Palmira Moreira pola conservación e potenciación da Rapa das Bestas.

    Redacción Salnés