Unha zona verde empregada como aparcadoiro

    bngpobralamas.jpgA POBRA> Os residentes no barrio de Lamas e Andrés lamentan que un espazo que estaba destinado a ser zona verde rematase sendo un lugar onde deixar os coches. O BNG da localidade trasladará esta queixa ó grupo de goberno municipal.

    Os veciños queíxanse do abandono do que adoecen os espazos públicos e do mal estado no que se atopan as instalacións deportivas desta urbanización emprazada no barrio Doutor Lamas e Andrés.  Ademáis de actitudes incívicas por parte de certos veciños, as protestas céntranse no mal estado da pista deportiva, cunha porteria solta e grandes buratos no valado de protección.

    {flowplayer}barbanza/bngmalestarlamas.flv{/flowplayer}

    Tamén desperta o malestar veciñal un espazo emprazado no centro da urbanización, que estaba destinado a zona verde e de esparexemento para os veciños. Non obstante, leva anos abandonado. Os residentes o empregan como un aparcadoiro. Dende o BNG da Pobra, que se fixeron eco destas queixas, consideran que malia que unha pequena zona deste espazo está pendente du litixio cun particular, o concello si podería acondicionar o resto da parcela con mobiliario urbano e unha zona de xogos.

    Para o BNG pobrés o executivo local da prioridade as actuacións innecesarias, como o empedrado dos xardíns Valle-Inclán fronte a outras máis necesarias para o benestar da veciñanza.

    Redacción Barbanza