‘As arcas están valeiras pero pagaremos ós xogadores’

plantilla_deportesarosa.jpgVILAGARCÍA> O Presidente do Arosa afirmou que se puxo en contacto cos xogadores que denunciaron o club, para chegar a un acordo. Manuel Abalo, tamén falou dos socios, os obxectivos da tempada e do céspede de A Lomba.

{flowplayer}images/salnes/PRESIDENTE_AROSA.flv{/flowplayer}

A Xunta Xestora segue traballando para sacar ó Arosa do pozo no que se atopa. Un esforzo que se está vendo recompensado polo gran apoio que están brindando os cidadáns de Vilagarcía ó equipo da cidade. O presidente asegura que as arcas están valeiras pero que a sociedade existe e se está traballando por cambialas cousa, o que se traduce nun maior número de socios. Xa van por 700.

A sombra que se cerne sobre os de A Lomba, é a denuncia dos xogadores da tempada 2008/2009. Catorce xogadores, dos que seis deles están adscritos á AFE en puxeron o caso en mans da Real Federación de Fútbol. Manuel Abalo insiste en que están dispostos a pagar. O avogado destes xogadores asegurou que se non se paga os 32.000 euros que se lles debe, podería impedir a tramitación das fichas e incluso, di que cabe a posibilidade dun descenso administrativo. Sen embargo, os directivos do Arosa aseguran que non hai precedentes en Preferente.

En canto ó mal estado do campo, Manuel Abalo sinala que o fungo se complicou, pero o céspede están mellorando. Espera que para o día 25, que o Pontevedra xoga a primeira eliminatoria da Copa do Rei, o campo estea listo.

Para esta tempada, o presidente do Arosa non marca obxectivos. Asegura que se melloran a situación económica e se manteñen, estarán satisfeitos. Abalo asegura que de momento, non haberá fichaxes pola mala situación económica, pero que no intre no que o club teña cartos poranse a disposición de calquera necesidade.

Redacción Salnés