Vilalonga e Portonovo piden modificar o calendario de Terceira

plantilla_deportesvilalonga.jpgSANXENXO> Aseguran que lles fai coincidir como locais. Reuniranse o sábado co resto de clubs. Por outra banda, o  Vilalonga gañaou ó Ourense na tanda de penaltis, cunha mellora de xogo.

{flowplayer}images/salnes/VILALONGA.flv{/flowplayer}

O Vilalonga fíxose co Trofeo Xunca Branca ó derrotar ó Ourense na tanda de penaltis. Na primeira metade o equipo de Gabi Leis mostrou unha melloría con respecto a partidos anteriores. A defensa se vai asentando, con Leo nun estado de forma espectacular, pese a que este non fai máis que comezar. Onde parece que as cousas necesitan máis rodaxe é no centro do campo e a dianteira. Onte faltaban dous piares como Tachi e Abraham. Avendaño adiantou ó Vilalonga e Quintairos empatou o choque preto do descanso.

Unha vez reanudado o xogo na segunda parte, Antonio e Miguel puideron desestabilizar o partido, pero o trofeo decidiuse na tanda de penalties. Nela marcaron os cinco lanzadores locais, Melchor, Suso, Miguel Vázquez, Ramón e Raúl, e o porteiro Borja parou o lanzamento do ourensán Kike.

En canto á liga, ábrese unha polémica polo novo calendario realizado pola Federación Galega de Fútbol para Terceira División, tralo descenso do Compostela. O sábado, vaise realizar unha reunión dos clubs na que os representantes do Vilalonga e o Portonovo, van a solicitar a modificación das datas. O motivo, é que tras o cambio realizado, ambos equipos do concello de Sanxenxo, lles toca xogar nas mesmas datas, en casa e a domicilio, salvo nos dous duelos de rivalidade.

Todo indica que a Federación vai facer unha nova modificación no calendario. De feito, o máis probable é que opten por cambios os lugares os partidos do Portonovo e do Cerceda.

Redacción Salnés