O monte da Curota rexistra un incendio activo durante máis de quince horas

    lumecurota.jpgA POBRA>lume, rexistrado na parroquia de Santa Cruz de Lesón, afectou a unha superficie de 42 hectáreas na súa maioría rasa.

    O monte da Curota converteuse no escenario dun dos peores lumes rexistrados na comarca do Barbanza dende que comezou a tempada de incendios. Malia que o lume iniciouse durante a pasada noite, os focos continuaron activos ata ó serán. Afortunadamente, aínda que a superficie queimada é extensa as lapas non afectaron a vivendas.

    {flowplayer}barbanza/lumecurota.flv{/flowplayer}

    A Consellería de Medio Rural despregou un amplo dispositivo de medios e efectivos para extinguir o lume. En total, catro axentes, catorce brigadas, sete motobombas, catro helicópteros, dous avións e unha pá. Dende que se iniciou o lume, nunha ladeira do monte da Curota, os efectivos traballaron por terra nos labores de extinción, dificultados polo forte vento.

    Medios aéreos

    Dende primeira hora da mañá incorporáronse ó operativo os medios aéreos. A presenza dos helicópteros e hidroavións alertou a moitos veciños que se desprazaron ata as inmediacións do monte para contemplar o lume.

    A zona afectada xa resultara moi danada durante a vaga de lumes que asolou Galicia durante o verán de 2006. Sen embargo, nesta ocasión as lapas non se achegaron ata os núcleos de poboación aínda que unha vivenda situada a carón da autovía permaneceu toda a noite baixo vixilancia pola proximidade do lume. A espera de determinar as causas que orixinaron o lume, a Garda Civil non descarta que puidera ser provocado.

    Redacción Barbanza