Ravella deberá prorrogar os orzamentos do 2009

    alcaldesa_copy100.jpgVILAGARCÍA> O goberno non levará a pleno os orzamentos do 2010, pola falta propostas da oposición, segundo García.

    {flowplayer}images/salnes/ORZAMENTOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Era a opción que viña cobrando máis peso nas últimas semanas e ó final, cumpriuse. Vilagarcía disporá este ano da mesma contía orzamentaria que a aprobada no 2009. Nun comunicado remitido ós medios de comunicación, o concello informa da decisión de prorrogar as contas do exercicio pasado ante a falta de alternativa, din, dos grupos da oposición.

    O certo é que o debate dos orzamentos do 2010 viña levantando astelas entre as filas do Partido Popular, IVIL e Esquerda Unida. Especialmente desde que no último pleno celebrado en xullo, caera da orde do día o debate orzamentario para conceder, segundo o executivo vilagarciá, máis tempo á corporación para estudar o documento.

    Desde a oposición criticaron a tardanza en facilitarlles a documentación e que o fixeran de xeito incompleto. Anunciaron que se ían opoñer na votación. Por iso, agora o bipartito decide prorrogar os do 2009.

    Segundo a alcaldesa, esta medida non vai frear a execución de proxectos xa prometidos, como a ampliación da Casa de Cultura de Carril ou as axudas ós hostaleiros para homoxeneizar o mobiliario das terrazas. E planea para a volta do verán comezar a elaborar os orzamentos do 2011 coa axuda de toda a corporación. As reaccións da oposición non se farán agardar.

    Redacción Salnés