Un cóctel “made in Porto do Son”

coctelportoson.jpgPORTO DO SON> Ana María Martínez gañou o Campionato Nacional de Cócteles cun combinado tres texturas de limón picado, xinebra xelatinizada e escuma de tónica.

O mellor e máis innovador Gin Tonic é de Porto do Son. Ou alomenos o é a súa autora, un moza esta localidade da Barbanza que con vinte e dous conseguiu gañar o Campionato de España deste combinado que se celebrou en Madrid. Ana María Martínez competiu na categoría innovación e en só catro minutos demostrou ó xurado que o seu coctel tres texturas merecía ser o gañador.

{flowplayer}barbanza/coctelportoson.flv{/flowplayer}

O mérito de Ana María ainda e maior xa que foi a única concursante feminina na súa categoria e a de menor idade. No xurado, entre outros, Pepe Dioni, presidente da Asociación nacional de Barmans e un institución neste eido da coctelería. Grazas a este combinado, Ana María recibirá un premio de cinco mil euros. Ademáis esta moza barlady xa se embolsará anteriormente outro mil máis ó gañar o campionato Galego. Con estes cartos ten a intención de seguir formándose nesta especialidade. Non desbota nun futuro chegar a montar a súa propia coctelería.

Os que queiran saborear a súa obra maestra, deberán visitar o Restaurante Filigrana do Hotel A Quinta da Auga en Compostela. Con todo, de vez en cando visita a súa terra natal, Porto do Son e premia ós seus veciños con unha mostra da súa arte.

Redacción Barbanza