A sona do polbo do Son alcanza máis alén da comarca

polboportodoson.jpgPORTO DO SON> Centos de persoas se achegaron a vila sonense para degustar o seu coñecido polbo

Malia que o famoso polbo adiviño alemán Pol que tantas alegrías deu os afeccinados ó fútbol durante a celebración do Campionato Mundial non estivo nos festexos, non houbo quen o botara de menos. Non en van, a calidade dos cefalópodos que se serviron o sábado na localidade sonense, fixeron as delicias dos centos de persoas que visitaron a carpa instalada no peirao.

Toneladas de cefalópodo

Tal foi así, que segundo datos da asociación sonense de empresarios, organizadora do evento, nada menos que tres mil quilos de polbo foron os que se repartiron acompañados de dous mil quilos de mexillóns.

{flowplayer}barbanza/polboportodoson.flv{/flowplayer}

Entre os asistentes tamén estiveron os moteiros que esta fin de semana participaron na concentración en Noia. Poucas autoridades da Barbanza se resitiron ó encanto e sabor do polbo sonense. Baixo a carpa puidemos ver o alcalde Xoán Pastor, membros do goberno local e oposición, o presidente da Deputación, Salvador Fernández, a deputada provincial Rosana Pérez e os deputados autonómicos Manuel Ruiz Rivas e Bieito Lobeira así como varios rexedores de municipios da comarca.

A horna de ler o pregón recaeu nesta ocasión no cociñeiro Benigno Campo. E como xa é habitual, detrás dos fogóns, os cociñeiros da polbería Veloso Puente, para os que o polbo sonense xa non ten segredos. Moita animación nunha xornada propicia para acudir a esta festa gastronómica arraigada na bisbarra, que acada este ano a súa décimo sétima edición.

Redacción Barbanza