Juancho Armental completa a travesía a nado entre Sálvora e Barraña

    armental.jpgBOIRO> O nadador boirense Juancho Armental conseguiu superar o reto. Este mércores convertíase na primeira persoa en completar a travesía a nado pola ría de Arousa. O deportista investiu sete horas e media en percorer os vintecinco quilómetros que separan a Illa de Sálvora da praia de Barraña. Un percorrido duro, e non exento de dificultades, pero que finalmente lle levou a facer historia.

    {flowplayer}barbanza/retojuanchoarmental.flv{/flowplayer}

    Dende primeira hora da tarde, a praia de Barraña rexistrou un constante goteo de persoas que se achegaron ata o areal para acompañar a Juancho Armental na súa chegada. Ademais de curiosos había amigos e familiares entre os que ía aumentando a preocupación a medida que chegaban as novas sobre as dificultades que se presentaron durante a travesía.

    Pasadas as seis e media da tarde Juancho volvía pisar terra firme. Foi recibido entre aplausos e gritos de ánimo como un auténtico heroe. Todos querían fotografarse con el, mesmo o alcalde que tamén se achegou a recibilo.

    Segundo intento

    Esta non era a primeira vez que Juancho tentaba acometer a travesía pola Ría de Arousa aínda que o pasado ano fraqueáronlle as frozas e tivo que abandonar. Desta volta, si conseguiu superar o que semellaba imposible aínda que a travesía foi moi dura e foron moitas as ocasións en que dubidou se seguir adiante.

    Finalmente conseguiuno converténdose nun exemplo de esforzo e superación e demostrando que o imposible é posible. Iso sí, ó preguntarlle polo seu próximo reto contesta que aínda é cedo. Agora toca recuperarse.

    Redacción Barbanza