As incautacións do Servizo de Gardacostas aumentaron nun 80%

    balancefurtivismo.jpgSANTIAGO> Os datos do balance foron presentados pola propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, cando se cumpre o primeiro ano da posta en marcha do Plan de Loita contra o Furtivismo.

    {flowplayer}barbanza/balancefurtivismo.flv{/flowplayer}

    Na súa comparecencia ante os medios a titular do Mar, informou de que o Servizo de Gardacostas conseguiu aumenta-las incautacións, no primeiro ano da posta en marcha do Plan de Loita contra o Furtivismo, nun 80% con respecto ó mesmo período do ano anterior, co que, segundo ela, se está a cumpri-lo obxectivo fixado no seu día, que non era outro que requisarlle-los medios e aparellos ós furtivos, para tratar de erradicar esta práctica nas costas e nas rías galegas.

    Delicto penal

    A pesar de que amosou a súa ledicia por estes datos, a responsable do Mar asegurou que o seu departamento seguirá traballando para tratar de erradicar esta lacra que tanto dano fai ós profesionais do mar, defendendo a necesidade de catalogar esta práctica ilegal como delicto penal.

    Concienciación

    Ademais fixo unha chamada á sociedade para que os consumidores só adquiran o marisco e o peixe a través dos cauces legais. A este respecto, aludiu ás campañas de sensibilización que está a desenvolver a Xunta, así como as inspeccións realizadas en toda a cadea de comercialización, como é o caso de restaurantes, pescaderías ou supermercados.

    Máis axudas

    Outra das medidas complementarias que Rosa Quintana salientou de cara a combater o furtivismo foi a mellora da situación das confrarías na disposición de medios de vixilancia e control, a través de axudas.

    Redacción Barbanza