VILAGARCÍA> A petición de crédito extraordinario non contou co apoio da oposición. O concello xa está buscando alternativas.
{flowplayer}images/salnes/TERRAZAS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
A negativa da oposición para a aprobación desta petición de crédito extraordinario, impide ó goberno contar con esa subvención que se prometera ó sector hostaleiro. A axuda, que nun principio contara con apoio de Esquerda Unida, estaba destinada a pagar o 50% dos gastos, cun máximo de 900 euros por terraza.
A postura dos dous partidos da oposición obriga ó goberno a replantexar a situación, algo complicado debido a que non contan con maioría absoluta. Rosa Abuín anunciou que están estudando alternativas.
A axuda non chegará de momento ós hostaleiros, pero a ordenanza seguirá adiante, con data límite o 1 de outubro. Os propietarios terán que cambiar toldos, cadeiras e mesas polos modelos sinalados dende o goberno local, pero sen contar coa súa axuda. Algo que non gusta no sector.
Ademais dos criterios estéticos, a ordenanza tamén vai dirixida a acabar cos problemas de obstrución da accesibilidade de peóns, establecendo unha distancia mínima de 1,80 metros entre as terrazas.
Redacción Salnés