O Vilalonga supera con facilidade ó Portonovo

SANXENXO> Esta fin de semana deu comezo a temporada futbolística. A Terceira deixounos un derbi entre Portonovo e Vilalonga que se levaron os celestes. 1-3 en Baltar nun partido no que os visitantes estiveron moito máis acertados de cara ó gol.

{flowplayer}images/salnes/terceira.flv{/flowplayer} 

Gran ambiente en Baltar para dar a benvida á temporada 2010/11. E o comezo foi ó grande, cun derbi entre Portonovo e Vilalonga.

A victoria foi para os visitantes, que mereceron o triunfo polo seu maior acerto nas areas, tanto á hora de defender como á de atacar. Os locais careceron de ritmo e pagaron a novatada o día do seu reestreo na categoría.

Ben é certo que o encontro puido ser outro moi distinto se Adrián non detivese un penalti a Óscar Guimeráns ó pouco de comezar. A partir de ahí as mellores ocasións foron para os de Gabi Leis. Tívoa Jesu primeiro e despois Saúl, aínda que o capitán non erraría na seguinte, no minuto 22, para poñer o 0-1.

Sen tempo practicamente para reaccionar, ó Portonovo caíalle o segundo. Abraham resolveu con clase un man a man con Javi Díaz. O dianteiro foi un dos mellores do seu equipo no día de onte.

Intentou reducir diferencias o conxunto de Ricardo antes do descanso, pero unhas veces o desacerto e outras a madeira, evitaron o gol.

A segunda metade principiou como rematou a primeira. Con ocasións nas botas de Nel. A primeira foi fora, a segunda rexeitouna Adrián. O gardamallas celeste completou un excelente partido.

A sentencia chegou ó cuarto de hora da segunda parte. Faltaba por ver o mellor gol da xornada. Dende case 30 metros Fran Matos golpeou con violencia o coiro e este foise dereito cara a escadra. 0-3 e partido resolto para o Vilalonga. Puido chegar o cuarto pouco despois, pero Óscar Blanco salvou sobre a liña de gol o remate de Jacinto.

Na outra área, a dez para o remate, Sergio Portela sí que atopou portería. Centro de Tinaia e testarazo ó fondo das mallas. Un gol que maquillou o marcador pero nos as debilidades dun conxunto que vai ter que traballar moito para non pasar apuros. Bo comezo para o Vilalonga que se sitúa nun anecdótico cuarto lugar da táboa despois da xornada inaugural.

Redacción Salnés