Os veciños de Caveiro denuncian o total abandono da zona

    caveiro.jpgPORTO DO SON> Os veciños do núcleo de Caveiro denuncian o estado de abandono e a falta de servizos na zona onde se ubican as súas vivendas.

    {flowplayer}barbanza/denunciavecinoscaveiro.flv{/flowplayer}

    Nada máis tomar o desvío cara o faro de Caveiro queda patente o abandono desta zona na que se ubican medio cento de vivendas. O estado da estrada, chea de fochancas e con grava solta supón un importante risco de accidentes así como o deterioro dos vehículos que teñen que circular a miudo por alí.

    Ademais ó bordo das estradas existe abundante maleza que supón un risco engadido en caso do incendio forestal polo que reclaman a súa limpeza.

    Servizos básicos

    Tamén denuncian a falta de servizos básicos como a rede de sumidoiros ou a de auga que tivo que ser asumida con cargo ós propios veciños. Levan tempo ademais reclamando a dotación de máis contedores para a recollida de lixo e un mellor mantemento do miradoiro do faro que se atopa practicamente abandonado.

    Deste malestar veciñal fíxose eco o grupo municipal do PP que cando gobernaba chegou a aprobar un proxecto para a mellora integral deste núcleo que non chegou a executarse.

    Agora, volverán levar a pleno unha moción solicitando que se retome o proxecto para acometer unha actuación integral que contribúa a mellorar a calidade de vida dos veciños de Caveiro.

    Redacción Barbanza