Preto de 800 persoas participaron sen éxito na batida en busca de Sonia

    BATIDA_SONIA_IGLESIAS copy.jpg PONTEVEDRA> Amigos, veciños e familiares percorreron a zona de A Xunqueira de Alba, a Illa das Esculturas, Campañó e o Lago de Castiñeiras.

    {flowplayer}images/salnes/BATIDA_SONIA_IGLESIAS.flv{/flowplayer}
     
    Durante toda a mañá do domingo a batida organizada por amigos, compañeiros de traballo e veciños da familia de Sonia Iglesias rematou sen boas novas. Unhas oitocentas persoas percorreron a zona de A Xunqueira de Alba, a Illa das Esculturas, Campañó e o Lago de Castiñeiras.
     
    A Policía Nacional, Autonómica e voluntarios de Protección Civil capitanearon cada un dos grupos que se despregaron polos montes de Pontevedra, Poio, Marín e Vilaboa. As labores de busca finalizaron sen éxito.  A pontevedresa xa leva trece días desaparecida.
     
    Polo momento, os voluntarios de Protección Civil están á espera de recibir novas ordes da Policía Nacional, encargada do caso.
     
    As manifestacións de apoio á familia continúan. Mañá ás nove da noite a asociación veciñal Boa Vista concentrarase diante do comercio no que traballaba Sonia. Ademais, os seus compañeiros de Massimo Dutti manifestacións tódolos mércores por diferentes rúas de Pontevedra desde a Ferrería.
     
    Redacción Salnés