Embarazadas na procura duha “horiña curta”

    sanramonbealo.jpg BOIRO> A romaría de San Ramón de Bealo congrega no contorno da capela a milleiros de romeiros devotos deste santo, avogado das parturientes.

    Trátase dunha das romarías máis antigas e senlleiras de toda a comarca, non en van, conta ca declaración de festa de interese turístico de Galicia. A capela de San Ramón de Bealo, avogado dos inocentes acusados inxustamente e das parturientes, é dende hai máis de dous século e medio lugar de xuntanza de milleiros de persoas cada trinta e un de agosto.
    {flowplayer}barbanza/sanramonbealo.flv{/flowplayer}
     
    Ramiñas de mirto
     
    A San Ramón de Bealo, acuden numerosas mulleres embarazadas para pedirlle unha “horiña curta” durante o parto. Tamén ó visitan as parellas na procura de descendencia. O ritual consiste en fregar contra o manto do santo unha ramiña de mirto e unha estampa cunha pequena oración. 
    Pero, sen dúbida, a meirande parte dos que se achegan ata a capela de San Ramón neste día o fan para gozar do aspecto máis profano e lúdico da festa. Tras a procesión, os romeiros se xunta o redor unha mesa para xantar na compaña de amigos e familiares. Outros se deciden por visitar os postos de comida onde se sirven racións de polbo, churrasco ou sardiñas á grella. 
    Tras o xantar, unha longa sobremesa amenizada polas actuacións das charangas e grupos de gaitas. Pola noite, a verbena poñerá punto e final a xornada. Con todo, os festexos de San Ramón de Bealo non rematan hoxe senón que continuarán ata o vindeiro domingo, día do tradicional San Ramonciño cunha degustación de polbo e viño no campo da festa.
    Redacción Barbanza