Cambios circulatorios no casco urbano noiés para mellorar ó tráfico

cambiostraficonoia.jpg NOIA> Ademáis de cambios de sentido na circulación das principais rúas, instaláronse semáforos no Malecón de Cadarso e na ponte de San Lázaro.

 
 
Neste primeiro día, os condutores que circulaban polo casco urbano noiés,  estiveron máis atentos, debido ós cambios circulatorios introducidos pola concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá.
 
{flowplayer}barbanza/cambiotraficonoia.flv{/flowplayer}
 
Varios axentes da Policía Local vixilaban as zonas máis conflitivas e nas que habitualmente se producían atascos, para informar ós condutores das modificacións realizadas e conseguir así unha maior fluidez na circulación nas horas principais, ofrecendo ademais ó viandante unha maior seguridade a hora de poder cruzar as distintas vías.
 
Con estas medidas o executivo noiés ten como prioridade dar seguridade ós peóns e axilizar o tráfico rodado. Segundo explicou a concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá os cambios baséanse nos estudios realizados pola policia local que revelaron que o sistema adoptado é o máis efectivo.
 
Un dos cambios máis significativos dos levados a cabo polo equipo de goberno foi o de manter dobre a circulación nos dous Malecóns, tanto o de Gasset coma o de Cadarso.
 
Redacción Barbanza