O lixo acumúlase nun vertedoiro incontrolado en pleno centro de Ribeira

    vertedoiro.jpgRIBEIRA> Os veciños da rúa Portugal levan meses convivindo cun vertedoiro incontrolado. O lixo acumúlase nun inmoble que se atopa en estado ruinoso. A pesar de que xa se procedeu ó peche da fachada en varias ocasións, os vándalos sempre acaban por romper a estrutura e acceder ó interior depositando alí todo tipo de residuos.

    {flowplayer}barbanza/vertedoiroribeira.flv{/flowplayer}

    Ó pasear polo centro de Ribeira, un pode atoparse con este vertedoiro situado na rúa Portugal, nas inmediacións do auditorio municipal e do centro de saúde. Trátase dun inmoble en estado ruinoso, no que ademais do risco de deprendementos acumúlase o lixo de xeito descontrolado.

    Ademais de supoñer un obstáculo para as persoas que transitan pola zona, este balado xa non cumpre coa súa función posto que presenta un oco nun dos laterais, por onde depositan os residuos.

    Movida

    Moitos dos residentes da zona consideran que o problema non vén unicamente derivado da presenza desta construción senón da movida nocturna que se concentra na zona.

    Para poñer fin a esta situación demandan unha maior presenza policial e apelan á concienciación cidadá.

    Redacción Barbanza