A cidadanía de Ribeira reclama unha nova praza de abastos

    mercadoribeira.jpg RIBEIRA> O colectivo de Amas de Casa queren que o novo edificio se localice no mesmo lugar onde está a praza actual.

     
    A polémica co emprazamento da futura praza de abastos en Ribeira segue aberta. O colectivo de praceiros xa mostraron a súa opinión públicamente en varias ocasións.
     
    Desexan que se derrube o actual inmoble, que presenta innumerables deficiencias estruturais, e se levante un novo edificio no mesmo lugar, na rúa peonil. Tampouco descartan que o executivo busque unha parcela similar situada tamén no casco urbano da vila. O que xa desbotaron foi que a praza se leve ata o recinto portuario polo prexuicio que isto suporía para o negocio unha diminución na afluencia de clientes.
     
    {flowplayer}barbanza/sitioprazaribeira.flv{/flowplayer}
     
    Actuación prioritaria
     
    Con todo, os ribeireses afirman que non sería un lugar desacertado, dado que o prioritario é contar cunha praza en condicións.
     
    As amas de casa de Ribeira tamén se quixeron posicionar neste tema. A súa presidenta, Magdalena Bringas, mantivo o pasado xoves unha xuntanza co alcalde de Ribeira para transmitirlle a súa preocupación polo retraso na construción do novo edificio. Tamén lle comunicou que dende o seu colectivo consideran que o novo mercado debería levantarse no lugar que ocupa o actual.
     
    O alcalde de Ribeira comprometeuse a estudiar esta posibilidade, sen descartar as existentes. De momento, a única que conta cun proxecto redactado é a opción da zona portuaria.
     
    Redacción Barbanza