O Extrugasa estreouse con vitoria na Copa Galicia Feminina

plantilla_deportesextrugasa.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa venceu ó Pío XII, en Santiago de Compostela, por 44-55. As de Tito Díaz supliron con moita entrega a súa falta de rodaxe.

{flowplayer}images/salnes/EXTRUGASA.flv{/flowplayer}

 O Extrugasa non necesitou xogar a un gran nivel para vencer no seu primeiro partido da Copa Galicia Feminina. A intensidade de xogo das xogadoras de Tito Díaz, foi suficiente para imponer en Santiago, a lóxica dun enfrontamente entre un equipo de elite como o Extrugasa e outro da Liga Feminina dous, como o Pío XII.

En canto ó nivel de xogo, o encontro foi para esquecer. E o certo é que o contrario sería noticia. Pouco se podía pedir o domingo ó Extrugasa, que con media docena de xogadoras novas, os dous tercios da súa plantilla, e con só cinco sesión de traballo co seu persoal completo, non podía facer moito máis do visto esta fin de semana no pavillón de Santa Isabel.

Moitos erros por ambos bandos, con grandes necesidades de mellora no apartado táctico, que se reflectiron no curto marcador final, 44 a 55. Un electrónico que resultou da suma de catro cuartos, no que o Extrugasa foi capaz sempre de imponerse ó seu rival, aínda que por marxes moi escasos.

Á falta de rodaxe e de acomplamento, a rigurosidade arbitral, privou a Díaz dunha das súas interiores de referencia, Demetress Adams, que apenas disputou sete minutos cargada de faltas personais. Vynuchalova, tivo que compensar a súa ausencia con case media hora en pista. O bo nivel defensivo das vilagarciás, foi o mellor do partido.

O Extrugasa xogará o próximo xoves co Celta un amistoso en Fontecarmoa.

Redacción Salnés