O PXOM da Pobra é compatible cento por cento co POL

    directorxeralpol.jpgA POBRA> O Director Xeral de Sostibilidade corroborou o que xa anunciara o alcalde pobrés: O Plan do Litoral non alterará o réxime urbanístico do solo.

    O Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio,   visitou o municipio onde mantivo unha xuntanza de traballo co rexedor pobrés.

    {flowplayer}barbanza/directorxeralpol.flv{/flowplayer}

    Ningunha vivenda afectada

    O responsable autonómico confirmou que o PXOM neste municipio é compatible o cento por cento co Plan de Ordenación do Litoral. Borobio explicou que a normativa do litoral non altera ó réxime urbanístico do solo, senón que únicamente establece como se pode ocupar ese chan. Insistiu en que ningunha vivenda quedará afectada, non se terá que facer ningunha expropiación nin derrubar casas xa construidas.

    Críticas á oposición

    Tras este anuncio, o alcalde da Pobra enviou unha mensaxe de tranquilidade a todos os veciños dos núcleos do Xobre, A Angustia, A Ribeiriña, A Crocha, Devesa, Cercias, Campiño A Mercé e o Conchido. Asemade criticou os grupos da oposición, especialmente o BNG, do que dixo que tentou confundir ós veciños dándolles información completamente errónea.

    Na reunión ámbalas dúas administracións decidiron coordinar o seu traballo para incorporar do xeito máis axeitado os principios do POL á normativa urbanística. Trátase, entre outros, de criterios relacionados coa contención na ocupación do solo, a adaptación ó relevo ou o tratamento da fachada marítima.

    Manuel Borobio gabou a actitude colaboradora do concello da Pobra e convidou ó resto de municipios galegos a imitala, co obxectivo de mellorar o desenvolvemento sostible do territorio.

    Redacción Barbanza