Os ex xogadores recibirán, nuns días, o primeiro dos 4 pagos

plantilla_deportes.jpgVILAGARCÍA> O presidente da Xestora do Arosa, confía en pechar hoxe ou mañá, un acordo definitivo co avogado dos futbolistas do último plantel en Terceira.

{flowplayer}images/salnes/PAGO_AROSA.flv{/flowplayer}

Esta semana queremos amañalo dunha maneira ou doutra. Así de contundente móstrase o presidente da xestora arlequinada, para encauzar, dunha vez, o conflito que o club mantén cos ex xogadores do último plantel na Terceira División, polo impago das súas sete últimas nóminas.

Manuel Abalo, mostra a vontade do club, e adiantou que, antes de que venza a presente semana, van pagar ós futbolistas o primeiro dos catro prazos apalabrados co seu avogado, fixado en 10.000 euros. Abalo asegura que algo de razón ten o letrado porque, engade, ata o momento, só recibiron do club boas palabras. Por iso, o presidente, quere mostrar que tras esas palabras existe un compromiso firme e serio.

A Xestora desembolsará de inmediato algo menos da quinta parte requerida polo representante legal dos deportistas, disposto a rebaixarlle ó club 16.537euros, e deixar a cantidade global en 55.000 euros. Todo isto, sempre e cando, o Arosa vaia aboando o diñeiro en tempo: 10.000 euros en setembro, outros tantos en decembro, 20.000 en febrero e os 15.000 restantes o 31 de maio como data límite. Este último prazo, é un dos cabalos de batalla que onte mantiñan no aire un acordó definitivo entre as partes.

Os responsables do Arosa pretenden facer un último intento de convencer ó avogado dos xogadores de que amplíe en dous meses o derradeiro vencemento, a fin de poder cubrir eses 15.000 euros con parte do diñeiro obtido dos carnés da tempada 2011-2012.

O equipo de Abalo, quere falar hoxe ou mañá co letrado dos futbolistas para tentar arricar ademais, una nova rebaixa de 5.000 euros, e conseguir que os xogadores que presentaron a denuncia contra o Arosa na Asociación de Futbolistas Españoles, para que a retiren e que A Lomba poida voltar a facer fichaxes. Con tal fin Abalo xestiona en paralelo unha xuntanza cos xogadores.

Redacción Salnés