Álvarez e Pazó, do Club Ribeira, vencen na regata 420

plantilla_deportesvela.jpgVILAGARCÍA> Os regatistas congregados, utilizaron esta cita como un adestramento para as importantes competicións autonómicas que se van celebrar esta fin de semana.

{flowplayer}images/salnes/VELA_420.flv{/flowplayer}

O primeiro posto que firmaron Brais Pazó e Daniel Álvarez na clase 4-20, confirma a excelente actuación dos representantes do Club Náutico de Ribeira na regata que organizou, esta fin de semana, o Liceo Casino de Vilagarcía. Unha cita previa, ás importantes competicións autonómicas programadas para os días 18 e 19 en optimist e 4-20. Na maior das clases competiron oito tripulacións. E os ribeirenses contaron cun golpe de sote para alzarse co triunfo: na reñida pelexa que mantiveron coas anfitioas, Alejandra Celada e Beatriz Silva, estas sufriron un xiro a poucos metros da chegada, e deixaron a proba en mans dos de Santa Uxía.

En cambio, en optimist, Jesús Fernández (Ribeira), non puido co liceísta Adrián Domínguez. Este se fixo co primeiro posto, tras imponerse en tres das cinco mangas que se libraron nas dúas xornadas. Na terceira praza, acabou Carmen Martínez.

As flotas galegas de ambas división, afrontan dúas citas de relevancia no ámbito autonómico, esta fin de semana. Os da clase menor, desprazaranse á Ría de Pontevedra, en Aguete, para disputar a primeira regata puntuable para o ránking galego do 2010/2011. Unha cita onde o ribeirense Jesús Fernández, ten ambicións de conseguir unha boa posición. Paralelamente, os da clase 4-20 voltarán á ensenada da capital do Salnés, para dilucidar o campionato autonómico da categoría.

Redacción Salnés