‘As instalacións da Escola de Música son indignas e indecentes’

    PROTESTA_ATRIL copia.jpgVILAGARCÍA> A ANPA ‘Atril’ denuncia o mal estado das aulas do centro e a falta de mestres para o Conservatorio Municipal.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_ANPA_ATRIL.flv{/flowplayer}

    Aulas sen insonorizar, fiestras que non se poden abrir en verán, unha instalación eléctrica precaria, aseos en malas condición ou ausencia de saída de emerxencias. Por non mencionar as filtracións de auga polo tellado cos consecuentes problemas de humidade. Son só algunhas das deficiencias que segundo a Anpa Atril sofre o edificio da Escola de Música. Aseguran que desde o concello hai meses que lles prometeron unha reforma integral do inmoble e en marzo, anunciaron un investimento de 100.000 euros para melloras. Mañá os alumnos comezarán o curso, sen que se gastara un só euro nas instalacións.

    Non son mellores as condicións nas que reciben as clases os alumnos do Conservatorio. As aulas, resituadas en camerinos do Auditorio polos problemas de humidade, tampouco están insonorizadas, e solos e pasillos teñen irregularidades no pavimento. Tamén neste caso o concello prometeu solicitar unha axuda á Xunta para arranxar os desperfectos. Concedéronlla, pero as obras aínda non se realizaron.

    A isto engádese a incertidume sobre o comezo do curso, porque a 16 de setembro, aínda non teñen mestres. Consecuencia: os alumnos con materias pendentes para setembro están sen examinar, e se pretendía facer probas de acceso ó grao superior nos Conservatorios de Vigo ou Santiago, tampouco se pode presentar. Ó que se engade a expiración do prazo para solicitar becas.

    Redacción Salnés