O PP de Caldas denuncia un vertido de fecais no río Umia

    VERTIDO_CALDAS copy.jpg CALDAS> O portavoz do partido asegura que os veciños de Caldas levan padecendo esta situación desde o mes de xullo.

    {flowplayer}images/salnes/VERTIDO_CALDAS.flv{/flowplayer}
     
    O pasado nove de setembro o PP de Caldas denunciou ante os medios de comunicación un vertido de augas fecais no río Umia. O obxectivo era que o concello solucionase o problema xa que os veciños da localidade levaban padecendo esta situación desde o mes de xullo. Ó día seguinte, o tenente de alcalde informaba que o problema estaba resolto. A día de hoxe, o vertido segue existindo.
     
    Jesús Goldar lamenta que o vertido supón un grave problema medioambiental que está afectando ó río. Asegura que se verte entre douscentos e trescentos litros de augas fecais ó día. Ante esta situación, urxe ó concello a que tome medidas para arranxar o problema.
     
    Ademais, non é a primeira vez que o PP denuncia un problema de vertidos este ano.
     
    Augas de Galicia xa tomou mostras do vertido o pasado nove de setembro polo que haberá que agardar os resultados das análises. Goldar confesou que non descartan acudir á vía xudicial se non se resolve o problema.
     
     
    Redacción Salnés