Visto para sentenza o xuízo pola operación Casona

    xuizocopia_100.jpgPONTEVEDRA> Hoxe sentáronse no banquillo os nove imputados, que en abril de 2007 foron detidos por tráfico de substancias estupefacientes.

    {flowplayer}images/salnes/XUIZO_OPERACION_CASONA.flv{/flowplayer}

    5 quilos de cocaína, 4 automóbiles e 175 mil euros en metálico, foi a incautación realizada na operación Casona, un dispositivo que o 2 de abril de 2007 remataba cunha rede de tráfico de cocaína en Arousa.

    A investigación sinalou a David Meaño Cores, funcionario da deputación pontevedresa, como presunto líder da rede de narcotráfico. O home foi detido na súa casa de Barrantes, en Ribadumia onde a policía se incautou dos cartos. Os axentes atoparon a cocaína no vehículo de Javier González, cabo da Armada e veciño de Meis, mentres circulaba pola parroquia de Curro. Algo que o sitúa como o intermediario. Durante o xuízo desta mañá, Meaño e González recoñeceron os cargos contra eles e a súa adicción á cocaína, dúas condicións que a acusación considera atenuantes.

    Para eles, a acusación solicita 9 anos de prisión, ademais dunha multa de 475 mil euros. Máis alta é a condena para Javier Ferreiro, o garda civil destinado e Euskadi, que nega calquera implicación nos feitos. A investigación sitúao como o encargado de traer os cartos a Pontevedra para levar despois a droga a Euskadi. Para el, o fiscal pide 11 anos de cárcere, a inhabilitación das súas función se unha multa de máis de 950 mil euros.

    Para os 6 imputados restantes, as penas son de tres anos, con multas que oscilan entre os seis mil e os catro mil euros. O caso quedou hoxe visto para sentencia.

    Redacción Salnés