A moda sairá á rúa en Noia

nh.jpgNOIA> Vinte comercios presentarán as súas novas coleccións na primeira edición da Pasarela Noia Histórica que se celebrará o día oito de outubro.

{flowplayer}barbanza/desfilenoiahistorica.flv{/flowplayer}

Noia está de moda. Por este motivo, a asociación de comerciantes Noia Histórica pretende sacar á rúa os mellores expoñentes da moda noiesa nun desfile que se densevolverá o próximo oito de outubro nunha carpa situada na alameda. Máis de vinte establecementos participarán no evento para presentar as súas coleccións.

 A pasarela está organizada por unha axencia especializada neste tipo de eventos. De aí, que tódalas coleccións serán presentadas por modelos profesionais.

Casting

Aínda así, os noieses terán oportunidade de participar no desfile mediante o casting programado pola asociación. Nel escolleranse os nenos que pasarán a colección infantil así como un mozo e unha moza que desfilarán xunto ós modelos profesionais. Os interesados poden inscribirse para a proba en calquera dos establecementos de moda adheridos ó centro comercial aberto.

Redacción Barbanza