A ANPA do IES A Illa logra que Educación contrate un mestre

    INSTITUTO_ILLA copia.jpgA ILLA> Os 190 alumnos do instituto volverán mañá ás clases pero os pais seguirán loitando por conseguir un Pedagogo.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_PAIS_IES_ILLA.flv{/flowplayer}

    Os preto de 190 alumnos do IES de A Illa non asisten as clases desde o pasado venres. Esta decisión tomarana os seus pais tras coñecer que a Consellería de Educación recortara o cadro de persoal deste instituto de A Illa de Arousa nun dez por cento. Deste xeito, prescindíase do profesor de matemáticas, do de tecnoloxía e do pedagogo. Isto implicaba, que as aulas se viran masificadas.

    Nesa reunión que mantiveron os pais o primeiro día lectivo xunto ó profesorado do centro decidiron solicitar unha reunión urxente co xefe territorial de Educación en Pontevedra. O que pedían era que o centro volvese ás mesmas condicións que no pasado curso.

    Unha petición que obtivo resposta este mediodía. O xefe territorial de educación asegura que o número de profesores está dentro da cota legal pero anunciou o nomeamento dun novo  profesor de Tecnoloxía que tamén impartirá Matemáticas. Os pais confesan que están satisfeitos con esta decisión pero que seguirán loitando para volver a ter o mesmo número de profesores. Polo momento, os seus fillos volven mañá ás clases e parte do profesorado e dos pais reunirase cun inspector de educación para solicitarlles unha praza de Pedagoxía Terapéutica coa que xa non contan.

    Redacción Salnés