Os máis pequenos tamén vendiman no Salnés

    vendima_copia100.jpgSANXENXO> Na escola municipal infantil de O Tombo optaron por ensinar ós máis pequenos as fases básicas do proceso.

    {flowplayer}images/salnes/TALLER_VENDIMA_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    34 pequenos de entre 4 meses e 3 anos da escola O Tombo de Sanxenxo participaron esta mañá na súa festa da vendima. Dende hoxe, a recollida das uvas, pisalas e encher as botellas con zume, xa non ten segredos para eles.

    Os educadores recrean simbolicamente a semana que a comarca leva dedicada á vendima. O obxectivo é familiarizar do xeito máis directo posible ós máis pequenos con este proceso, mesturando aspectos lúdicos e didácticos para facer a actividade máis atractiva.

    A festa da vendima no Tombo comezou incluíndo unicamente a degustación das uvas, pero ano tras ano vanse incorporando novos elementos. Este curso, a novidade consiste en botar o zume conseguido das uvas nas botellas, completando así o proceso a vendima.

    Os educadores procuraron que todos os pequenos participaran nesta festa, quen cando menos nesta edición, pareceu ter bastante éxito.

    Despois de deixar feito o duro traballo da vendima, estes pequenos xornaleiros desfrutaron da súa colleita.

    Redacción Salnés