Fexdega relanza a Feira Multisectorial con Openmoble

    OPENMOBLE copia.jpgVILAGARCÍA> O salón estará dedicado á mobles e decoración, abrirá o nove de outubro e está previsto que o visiten 25.000 persoas.

    {flowplayer}images/salnes/FEXDEGA.flv{/flowplayer}

    Fexdega aposta este ano por relanzar a súa feira multisectorial complementándoa cun salón especializado en mobles e decoración. Openmoble abrirá por primeira vez as súas portas o vindeiro nove de outubro con preto de sesenta expositores que ocuparán case o cen por cen do recinto feiral. A proposta responde á demanda manifestada por empresarios e visitantes nas enquisas que realizou a Fundación. Aínda que neses días, tamén haberá oco para outros sectores coma o textil, alimentario, viaxes, beleza, xardinería ou maquinaria de todo tipo. Será na 41 edición da feira multisectorial. Polo de agora hai uns 60 expositores inscritos, e aínda que o ritmo de reserva é menor que outros anos, agardan completar o aforo.

    21.000 persoas visitaron o ano pasado a feira multisectorial e este ano barállanse as mesmas previsións de afluencia. No caso de Openmoble, ó alongarse 5 días máis, agardan roldar os 25.000 asistentes. Despois deste salón, o seguinte no calendario sería Norshow, dedicado a equipamentos para eventos e espectáculos. Era outras das novas propostas de Fexdega para este ano, pero finalmente non se vai celebrar. De tódolos xeitos Juan Luis Callón asegura que seguirán a traballar para que Norshow poida arrincar o ano que vén.

    Redacción Salnés