BARBANZA> Nomeados xa tódolos candidatos oficiais do PP, os representantes na comarca mantiveron unha xuntanza de traballo.
{flowplayer}barbanza/ppbarbanzasetembro.flv{/flowplayer}
Os populares confían no tirón da súa formación no Barbanza de cara a conseguir un deputado provincial máis nas próximas eleccións que lles permitiría recuperar o goberno da Deputación da Coruña. Con este fin, os distintos candidatos xa traballan a reo no deseño dos programas electorais que teñen como principal obxectivo a dotación de infraestruturas que favorezan o desenvolvemento económico de cada concello.
Entre elas, destaca a mellora das vías de comunicación como as variantes de Outes e Noia ou o corredor Brión Noia, cuxo primeiro treito entrará en servizo a próxima semana.
Adxudicación inminente
O presidente provincial anunciou tamén a próxima adxudicación da lonxa de Ribeira de modo que un porto pesqueiro da súa envergadura poida contar canto antes cunhas instalacións axeitadas.
Durante a xuntanza abordáronse tamén os proxectos de dotación de chan empresarial, as infraestruturas hidráulicas ou o proceso de elaboración do POL no que se tentarán incorporar todas aquelas alegacións que permitan redactar o mellor plan para Galicia.
Redacción Barbanza