O PP do Barbanza comeza a deseñar a súa estratexia electoral

    ppbarbanza.jpgBARBANZA> Nomeados xa tódolos candidatos oficiais do PP, os representantes na comarca mantiveron unha xuntanza de traballo.

    {flowplayer}barbanza/ppbarbanzasetembro.flv{/flowplayer}

    Os populares confían no tirón da súa formación no Barbanza de cara a conseguir un deputado provincial máis nas próximas eleccións que lles permitiría recuperar o goberno da Deputación da Coruña. Con este fin, os distintos candidatos xa traballan a reo no deseño dos programas electorais que teñen como principal obxectivo a dotación de infraestruturas que favorezan o desenvolvemento económico de cada concello.

    Entre elas, destaca a mellora das vías de comunicación como as variantes de Outes e Noia ou o corredor Brión Noia, cuxo primeiro treito entrará en servizo a próxima semana.

    Adxudicación inminente

    O presidente provincial anunciou tamén a próxima adxudicación da lonxa de Ribeira de modo que un porto pesqueiro da súa envergadura poida contar canto antes cunhas instalacións axeitadas.

    Durante a xuntanza abordáronse tamén os proxectos de dotación de chan empresarial, as infraestruturas hidráulicas ou o proceso de elaboración do POL no que se tentarán incorporar todas aquelas alegacións que permitan redactar o mellor plan para Galicia.

    Redacción Barbanza