O PSdG esixe á Xunta máis de 6 millóns de euros para sanear O Umia

    vazquez_caldas_copia100.jpgCALDAS> O dirixente socialista Manuel Vázquez alertou da perigosidade da cianobacteria mycrocistina e apostou pola prevención.

    {flowplayer}images/salnes/PACHI_VAZQUEZ_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Elaborar un plan de saneamento integral para as augas do río Umia, foi a solución sinalada polo responsable do PSdeG. Patxi Vázquez asegurou que o problema non só é de Caldas, senón que afecta a todos os concellos que son abastecidos pola central de Pontearnelas.

    O socialista resaltou a alta toxicidade desta cianobacteria, polo que apoiou a proposta do alcalde de crear un sistema alternativo de abastecemento para Caldas que desvincule a captación de auga do río. A prevención tamén concentrou a atención do dirixente.

    Patxi Vázquez criticou a ausencia de Alberto Núñez Feijóo en Caldas durante a crise da semana pasada. Vázquez tamén saíu ó paso das declaracións do BNG de Caldas, que falan do derrubamento do encoro como solución ós problemas coa mycrocistis.

    Pola súa banda, as últimas análises do Umia constataron a ausencia de microcistina nas captacións do río. A situación mellorou na de Segade, na que Augas de Galicia reduciu a alerta ó nivel un. Na captación de Rabuñade mantense no 2, mentres que a de Ponte Baión rexistrou un aumento de cianobacterias, polo que a alerta activouse no nivel dous. A pesares dos novos resultados, o goberno insiste na potabilidade da auga.

    Redacción Salnés