Ana Pastor:’Os orzamentos son inxustos, irreais e antisociais’

    pp_orzamento100.jpgPONTEVEDRA> Así definiu o PP Provincial, os Orzamentos Xerais do Estado. No Salnés, o investimento estatal se reduce en 10 millóns.

    {flowplayer}images/salnes/PP_PRESUPOSTOS_XERAIS.flv{/flowplayer}

    Os populares provinciais non deixaron títere con cabeza. Na rolda de prensa desta mañá, foron desglosando un por un os orzamentos dos distintos ministerios na Provincia de Pontevedra. En termos xerais, os definen como inxustos, irreais xa que aseguran que están baseados en espectativas de crecemento falsas, os máis restrictivos da democracia e que van traer unha subida de impostos.

    A deputada Ana Pastor, denunciou que nos orzamentos estatais do 2011, as partidas para as infraestruturas en Pontevedra, practicamente desaparecen e que frean o desenvolvemento da cidade do Lérez e da provincia.

    A mesma opinión dos populares a comparte o BNG. A deputada Olaia Fernádez destaca que os orzamentos para Pontevedra son insuficientes, e decepcionantes, e que non cubren as necesidades da cidadanía.

    En canto á comarca do Salnés, tamén se producen recortes. A inversión do estado cae de 16 a 6 millóns. As contas non recollen novos proxectos para a comarca. Tan só se reservan partidas para a estación intermodal do Porto de Vilagarcía e a construcción do novo Cuartel da Garda Civil na capital arousá.

    Redacción Salnés