Diálogo e imaxe mestúranse nunha mostra dirixida ós máis cativos

    EXPOSICION_VILAGARCIA copy.jpg VILAGARCÍA> A mostra estará na sala de exposicións do Auditorio de Vilagarcía ata o vindeiro 24 de outubro. Está dirixida a tódolos públicos.

    {flowplayer}images/salnes/EXPO_PROXECTO_MICROSCOPIO.flv{/flowplayer}
     
    A exposición que desde esta tarde acolle o Auditorio de Vilagarcía está conformada polo material gráfico elaborado por María Corleone e a asociación Filosofía para Nenos de Galicia no marco do Proxecto Miroscopio.
     
    Esta iniciativa xorde nun grupo de profesores pertencentes a este colectivo nun intento por elaborar unha serie de diálogos para traballar cos máis cativos. De ai xurdiron os cinco contos, dos que se encargou a escritora e ilustradora desta exposición, e un manual para educadores e pais. Un traballo cuxa finalidade é mellorar non só as habilidades dos nenos senón tamén as súas sensibilidades.
     
    Sen dúbida, unha aposta cultura desde o concello de Vilagarcía por innovar e apoiar os traballos ligados ó ámbito didáctico.
     
    Para os que se queiran mesturar neste paracosmos onde conversan nenos de pouca idade, pódense achegar ata a sala de Exposición do Auditorio de Vilagarcía ata o vindeiro vinte e catro de outubro.
     
     
    Redacción Salnés