Ruíz asegura que o POL non afecta a solo urbano consolidado

    polruiz.jpgRIBEIRA> O parlamentario popular insistiu en que se trata dun plan necesario para regular o crecemento racional das poboación emprazadas na costa.

     

    Esta norma urbanística non cualifica o solo, senón que ordena o crecemento urbanístico, recoñecendo as peculiariedade de asentamento na costa. O Plan de Ordenación do Litoral non afectará a solo urbano consolidado nin os solos de núcleo rural. O Plan indica de que forma crecerán os núcleos costeiros, pero en zonas con características singulares con Aguiño, Corrubedo e Palmeira deberasen xustificar estas construcións.

    {flowplayer}barbanza/polpp.flv{/flowplayer}

    O voceiro do partido popular no Parlamento tamén falou dos chamados corredores ecolóxicos, que dixo, terán que adaptarse ó Plan Xeral de Ribeira, polo que poderán experimentar modificacións. Ruíz Rivas gabou as alegacións presentadas polo concello de Ribeira pola súa rigorosidade e seriedade.

    Tamén dixo que para evitar dobles interpretacións eliminarase do artigo noventa e catro do POL a referencia ás areas de recualificación como excepcións a hora de edificar.

    Por último, o parlamentario criticou ó BNG e PSOE por desinformar os cidadáns neste tema. Fixo referencia a anterior lei da costa do bipartito autonómico por ser unha normativa restrictiva e indiscriminada, xa que suspendía toda construción a cincocentos metros do litoral sen recoñecer as peculariedades de asentamento dos núcleos costeiros.

    Redacción Barbanza