Mozos do Salnés coñecerán o medio mariño a bordo da goleta Raquel C

NAVEGA_EDUCA copia.jpgCAMBADOS> ‘Navega e Educa’ é a proposta impulsada pola Mancomunidade dentro dos plans do GAC 5 -Ría de Arousa.

{flowplayer}images/salnes/NAVEGA_EDUCA.flv{/flowplayer}

Navega e Educa é un proxecto educativo, divulgativo e de sensibilización medio ambiental, vencellado ao sector do Mar e dirixido ós centros educativos da comarca e tamén a particulares. Todos, coñecerán os ecosistemas mariños do Salnés, navegando no buque escola Raquel C. Mais de corenta e seis mil cincocentos euros de investimento farán posible este proxecto non productivo, da Consellería. Repartirase en dúas anualidades, unha durante este ano e outra, a maior, o ano que ven.

O Raquel C. estará unha semana en cada Porto: Cambados, Sanxenxo e a Illa. Os alumnos mais cativos terán unha hora lectiva pola mañá e pola tarde, serán os alumnos de bacharelato quen naveguen durante dúas horas. As saídas particulares, son tamén gratuítas e a goleta pódese visitar de cinco e media á sete e media da tarde, con visitas guiadas.

Redacción Salnés