A ANPA de Cadreche e Educación achegan posturas

    pilar_maestu.jpgPOBRA> O pais do CEIP Pilar Maestú Sierra decidiron volver enviar ós seus fillos ás clases polas tardes, despois dun mes sen facelo.

    {flowplayer}barbanza/anpapilarmaestu.flv{/flowplayer}

    Na última xuntanza mantida con responsables de Educación, os representantes dos pais acadaron un compromiso de Educación de que durante o presente curso os rapaces tan só terán clase polas tardes ata maio dous días por semana. Ademais, e xa de cara ó vindeiro ano, volverá a retomarse a implantación da xornada única, un dos principias motivos da protesta.

    Outro dos problemas denunciado pola ANPA do Pilar Maestú Sierra é a falla dun profesor de audición e linguaxe a tempo completo, xa que na actualidade é compartido, ademais das catro unitarias da Pobra, co colexio de Deán en Ribeira.

    De non acadar unha desposta satisfactoria da Consellería de Educación sobre este tema os pais non descartan de novo emprender novas reivindicacións.

    Redacción Barbanza