Galardón para Pedrachán como exemplo de rehabilitación

pedrachan.jpgNOIA> A recuperación do barrio de Pedrachán recibiu o galardón Manuel Gómez Román na categoría de Construcións Rehabilitadas.

{flowplayer}barbanza/premioarquitecturapedrachan.flv{/flowplayer}

Os traballos de mellora do barrio de A Pedrachán consistiron na colocación de novos accesos de pedra e escaleiras ata o contorno dos muiños, a antiga fábrica de curtidos e o lavadoiro público, que se dotou dun novo teito. Asemade, se instalaron na zona bancos e tendais para secar a roupa, mellorouse o alumeado público do contorno e rehabilitaron as fachadas de varias vivendas do barrio. 

Tamén se dotou de auga potable aos muiños, se rebaixou a pendente das ramplas de acceso, se encalaron algunhas das vivendas e se habilitaron novas canalizacións de augas pluviais.

Afondando na tradición

Agora, o estudio de arquitectura Salgado e Liñares, autor do proxecto, vén de recibir o premio de arquitectura Manuel Gómez Román. O xurado salientou que os traballos de recuperación profundizan na fonda tradición galega que representa o núcleo de Pedrachán.

Esta actuación, promovida pola Concellería de Casco Histórico do concello de Noia foi cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Deputación de A Coruña. O orzamento ascendeu a trescentos mil euros.

Redacción Barbanza