O executivo levará ó vindeiro pleno a ordenanza reguladora do botellón

    ordenanzabotellonsboiro.jpgBOIRO> A decisión foi adoptada na última Xunta Local de Seguridade, na que se analizou tamén o índice de delincuencia durante este verán, que se veu reducido nun 30% con respecto ó mesmo período do ano anterior.

    {flowplayer}barbanza/ordenanzabotellonsboiro.flv{/flowplayer}

    Os botellóns nas prazas e espazos públicos de Boiro, fundamentalmente nas fins de semana, teñen os días contados. Ou así o parece, despois da decisión adoptada na última reunión da Xunta Local de Seguridade. O executivo decidiu retoma-lo proxecto de elaborar unha normativa que regule estas prácticas, pois non ten competencias para prohibilas. A súa intención pasa por alonxalas do centro urbano, así como tamén daquelas zonas que provocan maiores molestias ós veciños.

    Diminución nos delictos

    Na xunta Local de Seguridade tamén se dou a coñece-lo índice de delincuencia deste pasado verán que se veu reducido nun 30% con respecto ó mesmo período do ano anterior. Uns datos que o propio alcalde valorou de xeito positivo.

    Redacción Barbanza