A CIG denuncia a Vertifil por despedimentos improcedentes

    DESPEDIMENTOS_VERTIFILcopy.jpgMORAÑA> Se a empresa non readmite á traballadora, a CIG fará mobilizacións, diante da fábrica, a próxima semana. Non descartan acudir á vía xudicial.

    {flowplayer}images/salnes/DESPIDOS_VERTIFIL_INDUSTRIAL.flv{/flowplayer}

    A CIG ven de denunciar publicamente á empresa Vertifil Industrial, do grupo Celtic, instalada en Moraña, por unha serie de despedimentos que se veñen producindo nos últimos meses con motivos que consideran pouco convincentes. O último foi o pasado venres trala reunión que mantivo o comité de empresa e a CIG co novo director de planta.

    O secretario Local da CIG considera que se non se coñeceron casos anteriores foi por temor dos traballadores. Asegura que os despedimentos se producen por un capricho da empresa e que o único que supón é un atranco á labor que está facendo o sindicato.

    Situación que considera se desencadea trala asistencia desta traballadora e do Comité de Vertifil á folga xeral do pasado 29 de setembro.

    Por iso, concédenlle varios días á empresa para que arranxe esta situación. Senón xa informaron que a vindeira semana farán mobilizacións diante da fábrica. Ademais, non descartan acudir á vía xudicial.

    Redacción Salnés