As comunicacións na comarca noiesa constitúen o groso dos investimentos

orzamentosbarbanza100.jpgBARBANZA> Nas comarcas do Barbanza e Muros Noia investiranse 23 millóns de euros, destinados na súa maior parte a infraestruturas de comunicación.

{flowplayer}barbanza/orzamentosbarbanza.flv{/flowplayer}

A mellora das comunicacións na comarca de Muros Noia así como a súa conexión con Santiago ocupan boa parte do capítulo de investimentos contemplados nos orzamentos autonómicos na área de influencia do Barbanza con preto de dez millón de euros. A variante de Noia ou o corredor entre Brión e a vila, e o seu posterior desdobramento en autovía, supoñen algunhas das partidas máis significativas.

Tamén no Barbanza figuran actuacións en materia viaria como o acondicionamento da estrada AC-303 que conecta o hospital do Barbanza con Corrubedo.

Portos

En materia portuaria, consignase máis de millón e medio de euros para impulsar proxectos de carácter plurianual como a nova lonxa de Ribeira, a ampliación do peirao comercial ou as melloras no porto de Cabo de Cruz e Porto do Son, entre outros.

Outras actuacións contempladas refírense a melloras en saneamento para avanzar na depuración das rías. En áreas como a sanitaria, marítima ou medio rural figuran pequenas partidas encamiñadas á dotación de medios, a formación e a conservación de áreas forestais respectivamente.

Redacción Barbanza