A DO Rías Baixas pecha a vendima máis farturenta da súa historia

    huidobro_100.jpgO SALNÉS> O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas ven de dar por concluída, de xeito oficial, a vendima deste ano logo de que…

    {flowplayer}images/salnes/valoracion_vendima_22102010.flv{/flowplayer}

    … se recolleran case 31.670.000 quilos de uva nas cinco subzonas. Esta cifra record nesta DO supón un incremento do 34.1% respecto a campaña anterior;aínda que o rendemento medio por hectárea foi menor, de 8.3 quilogramos por hectárea o entraren un maior número de superficie a cómputo.

    As labores de recollida dos case 6.600 viticultores prolongáronse durante 37 días de traballo, entre a segunda semana de setembro e ata mediados de outubro. Por zonas a máis productiva volveu a ser a do Salnés con case 20 millóns de quilos e por variedades de uva, a albariña acaparou o 95,25 por cento da producción desta DO, seguida da treixadura e da loureira, nas brancas. 

    Ó respecto da evolución desta vendima, o sindicato Unións Agrarias volveu a denunciar que o rendemento por hectárea foi insuficiente a pesares da subida estipulada este ano no 8%. É por esto que reclaman que estes parámetros de reaxusten cada ano.

    Redacción Salnés