Alfredo Bea fai balance do seu ano a frente da FEGAPI

PONTEVEDRA> O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, fixo balance esta mañá en Pontevedra do seu mandato. Un ano no cargo que segundo o grovense servíu entre outras cousas para rebaixar a débeda do organismo. Agora ábrese período de eleccións.

{flowplayer}images/salnes/piraguismo_221010.flv{/flowplayer} 

Alfredo Bea non se mordeu a lingua esta mañá. Acompañado por membros da directiva da Federación Galega de Piragüismo cargou con dureza contra os anteriores dirixentes. As principais acusacións estiveron relacionadas co económico. Unha débeda de centos de miles de euros que no seu mandato de menos dun ano xa se víu reducida.

O grovense pensa presentarse á reelección para desta volta ter un mandato máis longo ó frente da federación. A súa arma di que será ir coa verdade por diante.

En materia deportiva, Bea resaltou entre outros logros a regularización das licenzas autonómicas e nacionais ou a mellor difusión do deporte do piragüiismo. Para o futuro aposta por darlle maior protagonismo á instalación de Verducido.

Se sae reelexido Alfredo Bea comprometeuse a modificar os estatutos da federación así como a poñer fin a débeda da entidade.

Redacción Salnés