Correos múdase ó casco urbano e libera o baixo do concello

trasladocorreos.jpgPORTO DO SON> A oficina de Correos de Porto do Son trasladarase a un novo local na rúa do Río.

{flowplayer}barbanza/trasladocorreos.flv{/flowplayer}

Hai máis de vinte cinco anos que a oficina de Correos se sitúa na planta baixa do concello de Porto do Son. Un espazo de carácter municipal pero que estaba a ser ocupado por unha entidade privada sen percibir contía algunha en concepto de alugue.

Co cambio de ubicación ó local situado na rúa do Río onde ata agora se emprazaba a oficina provisional de Caixa Galicia, todos saen gañando. Os traballadores porque poderán desempeñar a súa labor nunhas instalacións moito máis dignas e os veciños porque recuperan un espazo para o uso público.

Nova distribución

Dende o executivo xa están a estudar a redistribución da planta baixa aínda que existen outras dependencias como o xulgado de paz e o posto da Garda Civil.

Malia que o alugueiro do novo local entra en vigor o día un de novembro, o traslado definitivo produciras e durante o mes de xaneiro. Dende o goberno local, lembran que este cambio é froito da xestión de sucesivos gobernos.

Redacción Barbanza