Novo roubo nun establecemento comercial de Vilagarcía

    parael_100.jpgVILAGARCIA> En torno ás cinco da mañá unha muller daba aviso dun roubo que se estaba a cometer neste establecemento da Rúa General…

    {flowplayer}images/salnes/roubo_vilagarcia_26102010.flv{/flowplayer}

    … Pardiñas de Vilagarcía. A súa denuncia fixo que os ladróns non se levasen canto tiñan previsto desta tenda de complementos de cabaleiro; así e todo, o valor do substraído ascende a máis de 20.000 euros.

    Polas pegadas que deixaron no local sábese que se trata de dous cidadáns romaneses de mediana idade que fuxiron nunha furgoneta roubada esta mesma noite na cidade. Estes delincuentes xa contan con numerosos antecedentes por roubo, e mesmo se cre que puideran estar detrás do último acontecido en Vilagarcía fai unha decena de días.

    O xeito de actuar foi o mesmo: previamente vixiaron o local, e mesmo entraron como calquera outro cliente. Mais tarde, aproveitando que a parada de taxis cambiara de ubicación, rebentaron o enreixado para entrar pola forza.

    Este é o segundo roubo que se repite nos últimos días co que os comerciantes empezan a estar máis que preocupados. Para atallar esta situación, desde Zona Aberta piden unha reunión dos corpos de seguridade para intentar actuar de xeito conxunto e coordinado para acadar unha vixilancia máis efectiva.

    Redacción Salnés